clearness-05
PACKAGING & 3D

CLEARNESS

Clearness é unha marca de cosméticos que lanza o seu novo producto: unha carcasa de vidrio esmerilado recargable con diferentes fórmulas de cremas faciais. Os seus valores básanse na transparencia á hora de ensinar os productos, así como no respecto pola pegada ambiental que poden causar os seus embalaxes.

Para este proxecto, levase a cabo non só a construcción do identificador, senón tamén o deseño dos packagings primarios e secundarios asi como a selección de materiais dos mesmos. Dende o envase do refill, ata a caixa da carcasa.

Ponse en valor o concepto da transparencia ao usar unha carcasa que deixa pasar a luz, para así ver a formulación escollida (en diferentes cores) da crema recargable. E a través da selección de papeis na caixa principal, tamen se deixa ver o produto.

Para facer realidade este concepto, preséntanse diferentes renders do produto, aportando un valor engadido á hora de presentar o proxecto, combinandoos con animacións e a construcción do identificador en motion graphics.