Deseño de sistema visual e conceptual para a ficticia candidatura da cidade herculina como sede olímpica no ano 2028.
A Torre de Hércules convértese na guía para construír todo o sistema gráfico. A partir da sua lente, créase unha retícula que, explorando as súas posibilidades de construción e deconstrución, dá lugar a todos os elementos da identidade visual: tipografía, pictogramas e recursos gráficos. Creando un sistema escalable e interactuable para os equipos de deseño.
Do mesmo xeito que a Torre de Hércules leva séculos proxectando a súa luz sobre o horizonte para guiar aos mariñeiros ata a costa, a antorcha olímpica convértese tamén nun faro en movemento. A súa chama atravesa fronteiras, culturas e territorios, unindo pobos distintos nun mesmo lugar.
A Coruña convertese nun espazo de convivencia, solidariedade e intercambio cultural. Un punto no mapa onde diferentes camiños conflúen iluminados por unha mesma luz.